Restauración ou ruptura: avanzar cara as repúblicas soberanas.
Día da Patria 2019
Atopámonos nunha fase crucial dentro do proceso de orientación e afortalamento do movemento nacional popular. Existe unha percepción xeral de retroceso nesta época, que ten o seu máis visíbel expoñente nas novas ondas autoritarias, mais que en realidade está caracterizada por moitos fenómenos simultáneos, entre os que salienta a desvalorización da forza de traballo, a involución nas liberdades, o deterioro ambiental ou o baleiramento dos sistemas formalmente democráticos.